You are viewing sintomatico

hier ist mein Dasein [entries|friends|calendar]
sintomatico

[ userinfo | livejournal userinfo ]
[ calendar | livejournal calendar ]

Todiste #1: Panoraamakuva tukholmasta. [02 Dec 2007|10:42pm]
Image and video hosting by TinyPic 

2 milongas|bailamos un tango?

Libros: Novembro 2007 [30 Nov 2007|08:15pm]

77. Riveiro Coello, Antón; As rulas de Bakunin. Ed. Galaxia. Vigo. 2002
78. Nothomb, Amélie; Métaphysique des tubes. Ed. Albin Michel. Paris. 2002
79. Bendis, Brian & Andreyko, Marc; Torso: el descuartizador de Cleveland. Ed. Planeta de Agostini. Barcelona. 2003
80. Alonso, Francisco; Cemiterio de elefantes. Ed. Xerais. Vigo. 1994
81. Ishiguro, Kazuo; Nunca me abandones. Círculo de le lectores. Barcelona. 2005
82. Paasilinna, Arto; Delicioso suicidio en grupo. Círculo de lectores. Barcelona. 2007
83. Murakami, Haruki; Kafka en la orilla. Ed. Tusquets. Barcelona. 2007
84. Kuipers, Alice; La vida en la puerta de la nevera. Ed. Salamandra. Barcelona. 2007
85. Coetzee; Desgracia. Ed. de Bolsillo. Barcelona. 2003
86. Verroen, Dorf; Qué blanca más bonita soy. Lóguez Ediciones. Salamanca. 2007
87. Mattingley, Christobel; Asmir no quiere pistolas. Ed. Alfaguara. Madrid. 1995
88. Kawabata, Yasunari; Primera nieve en el monte Fuji. Ed. Belacqva. Barcelona. 2007 

3 milongas|bailamos un tango?

Libros: Outubro. [01 Nov 2007|03:13pm]
Continuamos, de xeito conciso e resumido, coa listaxe de libros do máis que produtivo mes de Outubro, que por fortuna -ou por desgraza- ven de rematar hai poucas horas. Se están interesadas ou interesados nalgún dos títulos, comenten.

59. Coetzee, J.M; Vida y época de Michael K. Ed. de Bolsillo. Barcelona. 2007 
60. Oz, Amos; La bicicleta de Sumji. Ed. de Bolsillo. Barcelona. 2007 
61. Lovecraft, H.P; Dagón y otros cuentos fantásticos. Ed. Alianza. Madrid. 2002
62. Allen, Woody; Pura anarquía. Ed. Tusquets. Barcelona. 2007
63. Ferry, Luc; Aprender a vivir: filosofía para mentes jóvenes. Ed. Taurus. Madrid. 2007
64. Murakami, Haruki; Tokio Blues: norwegian wood. Ed. Tusquets. Barcelona. 2007
65. Rivera, Juan Antonio; Lo que Sócrates diría a Woody Allen. Ed. Espasa Calpe. Madrid. 2003
66. Borges, Jorge Luis; El aleph. Alianza Editorial. Madrid. 1993
67. Weston, Anthony; Las claves de la argumentación. Ed. Ariel. Barcelona. 1997
68. Unamuno, Miguel de; Del sentimiento trágico de la vida. Ed. Alianza. Madrid. 2005
69. Capote, Truman; Un árbol de noche. Ed. Anagrama. Barcelona. 2006
70. Jaureguízar; Cabaret Voltaire. Ed. Galaxia. Vigo. 2005
71. Nabokov, Vladimir; El ojo. Ed. Anagrama. Barcelona. 1999
72. Coetzee, J.M; En medio de ninguna parte. Ed. de Bolsillo. Barcelona. 2005
73. De Toro, Suso; A sombra cazadora. Ed. Xerais. Vigo. 1994
74. Reimóndez, María; O club da calceta. Ed. Xerais. Vigo. 2006
75. Coetzee, J.M; Diario de un mal año. Ed. Mondadori. Barcelona. 2007
76. Kertész, Imre; Sin destino. Ed. Acantilado. Barcelona. 2006
9 milongas|bailamos un tango?

Libros, útimos meses [15 Oct 2007|10:31pm]
Recupero este journal antes de lle dar un próximo finiquito para cando menos rematar de enumerar los libros lidos ao longo do ano. Debido a que nos últimos meses pouco tempo tiven para me mergullar en libros, habida conta do nivel de traballo pre-oposición e resultantes vacacións (kiitti muru... joulun tienoilla, voinko mä olla sun pikku joulupukki?), a miña listaxe viuse resentida en cantidade, xa que me debín pasar preto de oito semanas en branco. Omito centos de páxinas de artigos traballados xa que, anque moitos rondaron as duascentas follas, ao estar extraídos de textos moito máis longos non poden ser considerados libros independentes. Limítome a dar as referencias bibliográficas. Se queredes notas sobre algunha delas, comentade. 

32. Cortina, Adela; Crítica y utopía: la escuela de Frankfurt. Ed. Cincel. Madrid. 1985
33. Fontán Jubero, Pedro; Los existencialismos. Claves para su comprensión. Ed. Cincel. Madrid. 1985
34. Chamizo Domínguez, P.J.; Ortega y la cultura española. Ed. Cincel. Madrid. 1985
35. Galeano, Eduardo; Las palabras andantes. Ed. SXXI. Madrid. 2006
36. Abe, Kôbô; La mujer de arena. Ed. Siruela. Madrid. 2004
37. Lovecraft, H.P.; El horror de Dunwich. Ed. Alianza. Madrid. 2004
38. Oz, Amos; De repente en lo profundo del bosque. Ed. Siruela. Barcelona. 2007
39. Delibes, Miguel; Las ratas. Ed. Destino. Barcelona. 2001
40. De Maupassant, Guy; El horla y otros cuentos fantásticos. Ed. Alianza. Madrid. 2004
41. Nabokov, Vladimir; La defensa. Ed. Anagrama. Barcelona. 2006
42.  Lovecraft, H.P. & Derleth, A.; La habitación cerrada. Ed. Alianza. Madrid. 2005
43. Nosaka, Akiyuk; La tumba de las luciérnagas/Las algas americanas. Ed. Acantilado. Barcelona. 1999
44. Satrai, Marjane; Persépolis. Norma Editorial. Barcelona. 2007
45. Nabokov, Vladimir; Pálido fuego. Ed. Anagrama. Barcelona. 2003
46. Mishima, Yukio; Nieve de primavera. Ed. Alianza. Madrid. 2007
47. Oz, Amos; Una pantera en el sótano. Ed. Siruela. Barcelona. 2007
48. De Maupassant, Guy; La Vendetta y otros cuentos de horror. Ed. Alianza. Madrid. 2006
49. Pamuk, Orhan; La vida nueva. Punto de lectura. Madrid. 2007
50. Spiegelman, Art; Maus. Random House Mondadori. Madrid. 2007
51. Aristófanes; Las nubes/las ranas/Pluto. Ed. Cátedra. Madrid. 2007
52. González de Castro, Adrián; Rua dos douradores. Ed. Rialp. Madrid. 2003
53. Murakami, Haruki; Al sur de la frontera, al oeste del sol. Ed. Tusquets. Barcelona. 2007
54. Oé, Kenzaburo; Cartas a los años de nostalgia. Ed. Anagrama. Barcelona. 2004
55. Gaiman, Neil; Coraline. Ed. Harper Trophy. New York. 2003
56. Nabokov, Vladimir; La verdadera vida de Sebastian Knight. Ed. Anagrama. Barcelona. 1999
57. Capote, Truman; Plegarias atendidas. Ed. Anagrama. Barcelona. 2006
58. Voltaire; Cándido y otros cuentos. Ed. Alianza. Madrid. 2005 
 
11 milongas|bailamos un tango?

Música Matemática Emocional [28 Jun 2007|11:22pm]

Germán Díaz

Pi é un conxunto de puntos cunha propiedade común, a música, ou o que se denomina un lugar musical. Tódolos puntos equidistan da música das manivelas, do órgano de barbaria e da caixa de música, que son o centro, definindo a denominada circunferencia de música mecánica. A distanza común, ou radio, é a improvisación.

Polo tanto, Pi é igual ao perímetro da música mecánica, dividido polo dobre da improvisación....

Se vostedes non o cren... calculen!
bailamos un tango?

Libros III e IV [11 May 2007|04:26pm]
[ mood | fin de semana ]

Voume pór ao día coa listaxes de libros, non vaia ser que o deixe pasar de máis e me encontre cunha ristra imposible de referencias. A verdade é que entre o traballo, os hobbies físico-telúricos e as oposicións non teño tempo para moito... por ese motivo perdín un pouco o ritmo de lecturas. Malia todo entre a inxente cantidade de textos que estou a ler para sacar información de cara os temas da opo e as cinco ou seis novelas que estou a rematar en breve hei recuperar o tempo perdido. 

Pego marzo e abril, anque signifique perder o costume.

19. Sábato, Ernesto; Sobre héroes y tumbas. Ed. Seix Barral. Barcelona. 1990
Non son un grande seguidor de Sábato, por moito que El túnel ofreza intres de reflexión indispensables. Esta é unha obra de estilo impecable e ritmo asfixiante, tanto negativa como positivamente. A pseudometáfora narrativa aka "historia dos cegos" fíxoseme costa arriba.

20. Stevenson, R. L.; El Dr. Jekyll y Mr. Hide. Ed. Alianza. Madrid. 1996

21. Stevenson, R. L.; Cuentos de los mares del sur. Ed. Espasa. Madrid. 1999
Xa ven sendo hora de que a alguén se lle meta na cabeza a necesidade de reivindicar a Stevenson non como un visionario de imaxinación prodixiosa, senon como un creador extraordinario de contos. Sintético e conciso, insinúa máis que conta, sen posicionarse moralmente. Que saque as conclusións o lector.

22. James, M. R.; Cuentos de fantasmas. Ed. Siruela. Madrid. 1997
23. Tabucchi, Antonio; Sostiene Pererira. Ed. Anagrama. Barcelona. 1995
24. Calvino, Italo; El caballero inexistente. Ed. Siruela. Madrid. 
25. Capote, Truman; Crucero de verano. Ed. Anagrama. Barcelona. 2007
26. Duras, Marguerite; Emily L. Ed. Tusquets. Barcelona. 1998
27. Schneider, Robert; Hermana del sueño. Ed. Tusquets. Barcelona. 1994
28. Platón; Diálogos: Banquete, Fedón. Ed. Espasa Calpe. Madrid. 2006

29. Maceiras, Manuel; ¿Qué es filosofía? El hombre y su mundo. Ediciones Pedagógicas. Madrid. 1999
Fago un alto: como obra aproximativa á esencia da creación filosofica, este libriño ten un pase. Como exposición sistemática do pensamento humano, carece de valor. Dende o meu punto de vista pérdese nunha visión da filosofía demasiado fiel á hermenéutica de Ricoeur, o cal non deixa de supoñer unha certa impostura intelectual, sobre todo se o que se pretende é darlle unha orientación obxectivista á mesma.

30. Safranski, Rüdiger; Nietzsche. Biografía de su pensamiento. Ed. Tusquets. Barcelona. 2001
Terceira vez xa que me mergullo neste texto. Se vos interesa a filosofía do pensador de Röcken, dádelle unha oportunidade. Ademais de amosar un nivel de erudición sobresaliente estilistacamente Safranski amósase sempre como un escritor doutado de pegada literaria. Destaco sobre todo o ben traballada que está a relación de Nietzsche con Wagner, a fonda análise da Kehre nieztscheana que deu orixe á idea do etorno retorno, a comparativa entre el e Schopenhauer e ás referencias finais á estimulante interpretación que fixo Michel Foucault da obra do autor vitalista. Unha delicia.

31. Oé, Kenzaburó; Arrancad las semillas, fusilad a los niños. Ed. Anagrama. Barcelona. 2002
Primeira obra do literato nipón: brutal, sádica, amarga. Boísima. Non podo dicir máis.

O mes que ven, máis.

5 milongas|bailamos un tango?

Libro II [10 Mar 2007|12:35am]
[ mood | platonizante ]

Cun chisco de retraso nulamente xustificable fago repaso das lecturas do pasado mes de febreiro. A verdade, sigo sen saber por qué preciso de argumentos que alivien a miña tardanza. Problemas de conciencia?

Febreiro 2007

9. Calvino, Italo: "El barón rampante". Ed. Siruela. Madrid. 1990
10. Apuleyo: "El asno de oro". Ed. Gredos. Madrid. 1997
11. Nabokov: "El hechicero". Ed. Anagrama. Barcelona. 2000
12. Coetzee: "Esperando a los bárbaros". Ed. Siruela. Barcelona. 2004
13. Jelinek, Elfriede: "Las amantes". Ed. El Aleph. Barcelona. 2004
14. Jarry, Aldred: "Ubú rey" (prólogo de Dolores Bermúdez). Ed. Cátedra. Madrid.
15. Calvino, Italo: "El vizconde demediado". Ed. Siruela. Madrid.
16. VVAA: "Cuentos fantásticos del siglo XIX" (selección de I. Calvino). Ed. Siruela. Madrid.
17. Nabokov: "Rey, Dama, Valet". Ed. Anagrama. Barcelona. 1999
18. Chéjov, Antón: "La señora del perro y otros cuentos". Ed. Espasa. Madrid. 1999 

Como podedes comprobar continúo co meu enfermizo consumo de textos de Nabokov. De todos os lidos nos últimos meses a negrísima historia narrada en Rey, Dama, Valet merece figurar entre as mellores. O ruso manipula as súas personaxes sen piedade, reducíndoas á categoría de simples monicreques carentes de libero arbitrio: exerce Nabokov a sorte dos deuses caprichosos, donos do destino e vida das súas creaturas, unha vida rica en humor negro, comicidade e riqueza narrativa. 

De Italo Calvino qué podo dicir... alén da súa potente e visionaria imaxinación peca, dende o meu punto de vista, de incontinencia narrativa. Se en vez de estender as súas historias por riba das cen páxinas de rigor as tivese constreñido nos difíciles rigores do conto breve resultarían máis apetecibles. Malia todo sempre nos quedan as súas reflexións morais como asideiro. Que non é pouco.

Anque se temos que falar de parábolas morais, por favor, lean Esperando a los bárbaros, do escritor surafricano J.M. Coetzee. O pulso narrativo deste home, comedido, conciso, sinxelo, encerra lecturas dunha densidade mesmo filósófica: inevitable interpretar esta obra en clave política, identificándoa coa situación social e cultural dunha Suráfrica corroída polo racismo e o apartheid. Directo, brutal, anque nunca evidente: imprescindible.

Polo demais, por favor, esquezamos á señorita Jelinek.  A falta de lle botar o dente á sú famosa La pianista (que inspirou por outra banda a magnífica anque terrible cinta de Michael Hanecke), Las amantes é unha desas noveliñas supostamente anovadoras, rupturistas. Asumindo potestades axiolóxicas a narradora, sempre subxectivista, irrumpe na vida de dúas mulleres que viven o día a día dun amor heterosexual cansino, baleiro, imposto. Alén disto cáese unha e outra vez no maniqueísmo, a mordacidade mal entendida e unha nula capacidade para enganchar ao lector. 

Remato reinvindicando a Apuleyo: lean El asno de oro, por favor. Disfrúteno, divírtanse: teno todo. Aventura, ritmo, densidade, fadas e cabriolas. Só polo achegamento ao mito de Psique debería de ser lectura obrigada en tódalas escolas. Polo simple pracer da lectura.

Hai máis obras na listaxe, pero si, en efecto: con isto basta.

4 milongas|bailamos un tango?

Libros [11 Feb 2007|12:20pm]
[ mood | a velas vir ]

Para non perderme na voráxine de lecturas pendentes vou ir apuntando os libros que vaia devorando ao longo de todo o ano, non vaia ser que, á hora de resumir doce meses de desvaríos literarios, haxa algún título que quede sen apuntar. Vou listar os libros lidos mes a mes, para darlle a este asunto unha falsa coherencia relativamente apetecible. Iso si, como estou fondamente preguiceiro, hoxe non penso comentar nada sobre as obras apuntadas. Despois de tantos meses sen postear non dou para máis.

Xaneiro 2007

1. Nabokov, Vladimir: "Habla, memoria". Ed. Anagrama. Barcelona. 2000
2. Nabokov, Vladimir: "Mashenka". Ed. Anagrama. Barcelona. 1994
3. Oz, Amos:"No digas noche". Ed. Siruela (Bolsillo). Barcelona. 2006
4. Saramago, José: "Objecto quase". Ed. Caminho. Lisboa. 1983
5. Saramago, José: "Todos os nomes". Ed. Camihno. Lisboa. 1987
6. VVAA; "Cuentos únicos". Ed. Siruela. Madrid. 1989
7. Wilde, Oscar: "El retrato de Dorian Gray". Ed. Planeta. Barcelona. 1983
8. Laforet, Carmen: "Nada". Ed. Destino. Barcelona. 1995

E si, baixei a media, pero non me pidades imposibles, os exames non se corrixen sós. En febreiro heime resarcir. Só un par de apuntamentos: a visión panóptica da morte física recollida nas obras de Saramago comeza a me seducir dunha maneira importante. Asemade, non podo evitar sentirme decepcionado ante o estilo florido e pseudoplatónico do señor Wilde: historia de fondas ramificacións apocalípticas -que sería do ser humano sen o culto á carne, por moi espiritual que pretenda ser- pérdese nunha sintaxe melosa e sobrecargada.

O mes que ven, novela e ensaio.

6 milongas|bailamos un tango?

[11 Oct 2006|04:18pm]
[ mood | enérxico ]

Ai Federico, como di a canción, se non te chega este mundo, faite astronauta.

2 milongas|bailamos un tango?

[30 Sep 2006|04:59pm]
[ mood | bébedo ]

Se queda alguén neste estado quen de resistir esa macrodisputa pseudopolítica que tantos litros de tinta está a gastar nos rotativos nacionais sen tomala a mofa ou escarnio que mo faga saber. Heille pagar unha mariscada regada cunha boa colección de caldos galegos de primeirísima calidade. Sempre e cando non pidades tinto, claro. Nese caso heime declarar apátrida e directamente me hei centrar na defensa das deleidades da uva riojana.

16 milongas|bailamos un tango?

Reflexión baleira -coma todas- [16 Aug 2006|04:11am]
[ mood | relativo ]

Despois de moitos anos adicados ao pseudoestudo da filosofía, só podo tirar unha conclusión máis ou menos válida: ninguén posúe a verdade absoluta. Ao mellor Aristóteles tiña razón é a historia do pensamento non e máis ca un exercicio aproximativo, vencellado ao ensaio-erro, á procura da explicación máis sólida posíbel sobre os por qués quen de dar conta da multiplicidade de feitos que acontecen a cotío na natureza. Ide vós saber: non deixan de ser bifurcacións, metáforas, imaxes discursivas. Claro está: o sabio de Estaxira considerouse a si mesmo o remate de ditas alternativas, a resposta a tódolos interrogantes. Quedámonos con el? Si, non hai máis. O resto copia, interpreta, constrúe reinvencións.

E todo isto, serve para algo? Si, para gastar liñas, improvisar e vender erudición baleira. Non hai máis. Tod@s somos sabi@s. Ao noso xeito, si, mais tod@s contemos sabedoría. A flor de pel, dentro, no fondo. Quen sabe -o que me faltaba aos meus anos: devir socrático-

A conto de qué ven todo isto? A conto de nada. A reflexión é baleira, tal e como reza o asunto deste post. Podería me converter ao cinismo, mais non me vexo comendo queixo de cabra e vivindo nunha pipa de viño o resto dos meus días. Escéptico tal vez? Ho non, prefiro saborear verdades, anque sexan relativas. Estoico? Non, a contemplación non foi deseñada para este zanguango. Entón? Nada, nada. Esperades algo máis? Eu, dende logo, xa non. Aparte de inventar landias descoñecidas non agardo máis nada.

Voume mimetizar co terreo. 2,1...

-por certo: chove en Galiza-

8 milongas|bailamos un tango?

Criticón [21 Jul 2006|07:22pm]
[ mood | sen problema ]

Os acontecementos pasados non aturan análises especialmente fondas, así que non me penso estender. Ao final 0.35 foron as décimas que me separaron da praza. 7 a miña nota media. 79 os minutos que durou o concerto dunha das mentiras máis sobrevaloradas do actual panorama indie: Franz Ferdinand. Mala banda? Non, en absoluto: nótase compenetración, conxunción. Mais isto non oculta as súas carencias, que son moitas. A primeira, musical: limitados executantes os escoceses, repetitivos, mediocres instrumentistas -salientable a pobreza rítmica do señor Bob Hardy, que fai do seu baixo punteado... con púa! unha rémora desproporcionada- . A segunda, artística: non podo entender como unha formación se permite o luxo de esixir un caché tan desorbitado para ofrecer un concerto paupérrimo, breve, e si, aburrido. Anque xa sabemos, as estrelas asumen que están por riba do ben e do mal. Se Franz Ferdinand son un dos máximos baluartes do actual panorama rock británico, estamos listos. Menos mal que nos queda Francia, anque a prensa especializada siga sen enterarse. A fin de contas, o que fan estes rapaces xa o fixeron no seu momento os Talking Heads, anque cunha grande diferenza: eles si eran grandes músicos, inquedos e anovadores.

Máis cifras: 30 son os libros que levo lidos no 2006. Poucos, teño que tomar medidas. Afortunadamente os 60 días de vacacións que agardan por min serán suficientes para anular dito despropósito.

E non hai máis: 3,2,1...

14 milongas|bailamos un tango?

[02 Mar 2006|12:13pm]
[ mood | vendo o tempo pasar ]

A petición da esixente marifris dispóñome a me espir publicamente (máis ou menos)

1.- ¿Qué sensaciones le producen a alguien como usted usar herramientas como el journal o el Messenger para tener contacto social?

Se teño que serlle sincero non me produce maior sensación... sempre e cando entedamos por "producir sensacións" algún efecto que poida ser considerado fóra do normal. Isto é, non deixan de ser novas canles de comunicación que poden e deben ser utilizadas. Dito doutra maneira, nós en tanto usuarios somos quen debemos facer un uso responsable da tecnoloxía. Algo moi importante, sobre todo tendo en conta o carácter fondamente globalizador que teñen estes novos medios de comunicación de masas.

2.- ¿El gallego es tu lengua madre? ¿Por qué escoges el gallego sobre el castellano para comunicarte?

Realmente, anque levo dende cativo escoitando falar galego, debo admitir que non sempre fun galego falante. Din o xiro cando tiña 16 anos, creo lembrar. Por que? Por unha simple cuestión de concienciación política e cultural. Usarei indistintamente galego e español cando exista unha paridade lingüística real, algo que, por moito que digan, aínda non existe. 

3.- ¿Cuáles son tus mayores temores o miedos?

Coido que non teño grandes medos... habida conta que tendo lixeiramente á hipocondria podería dicir que as enfermidades son un posible punto fraco, mais non sei... supoño que se hai algo que me fastidia de facer anos é que vai chegar o día no que non poidan seguir o ritmo físico que levo agora (sobre todo no eido deportivo), mais acepto o que veña con resignación.

4.- Describe tus vacaciones perfectas. Compañía, lugar, actividades, tiempo.

O cualificativo "vacación perfecta" só pode ser aplicado a posteriori: falamos de vacacións perfectas sempre despois de teren disfrutado duns días de asueto. Isto é, vacacións perfectas poden ser calquera sorte de vacacións. Iso si, sempre e cando non coincida con algún energúmeno. Malia todo acepto como condicionante positivo que haxa praia...

5.- Háblame de las cosas que menos te gustan de ti y de las que crees que a la gente les cuesta más digerir.

Esta pregunta dá pé a unha auténtica arenga ególatra! A verdade, por moita autocrítica que faga de min mesmo non atopo nada co que estea especialmente disgustado... din por aí que podo ser ferinte, sobre todo cando defendo conviccións propias. Si, se alguén me cae mal tendo a buscar a súa destrucción, anque sempre dialóxica. Mais ultimamente non me ten pasado. Teño tamén unha certa tendencia á pedantería, pero vaia... supoño que, coma todos, carezo de certa determinanción en determinados aspectos da miña vida. Pero só nalgúns.
-----------------------------------------

Se queres que eu te entreviste, pídemo. Fareiche cinco preguntas máis ou menos escandalosas. Despois terás que colgar as respostas no teu journal para que eu e o resto da xente as lea, dando comezo a unha nova cadea dialéctica.

Pois iso.

9 milongas|bailamos un tango?

Risco Calculado [24 Feb 2006|11:49am]
[ mood | en fase ]

Wim Mertens
Vigo. Centro Cultural Caixanova.
Venres 3 de marzo de 2006. 22.30h



Había trece anos que Wim Mertens non visitaba Vigo e, seguindo unha liña continuísta, volveu repetir nesta nova comparecencia risco e estructura formal: piano, voz e e un excelente Dirk Descheemaeker ao saxo soprano. Se por aquel entón aínda estabamos a nos recuperar do impacto tardío de “Maximizing the audience”, na actualidade abríronse camiños que só un músico consagrado pode atreverse a explorar. Dúas eran as opcións: en primeiro termo, limitarse a nos presentar os temas máis salientables do seu último disco conceptual para voz e piano, “Un respiro”, para despois repasar o máis popularmente mascado do seu repertorio. E, en segundo lugar, executar parte do seu novo material para, a seguir, explotar territorios descoñecidos por parte do grande público. Tendo en conta que o belga é un artista en absoluto acomodaticio non sorprende que se tivese decantado pola segunda opción.

Comezou o recital co polivalente “essence of the (k)not”, producto de cristalina e sincopada estructura, para despois continuar co espléndido “warm by one another”. Ten o valor Mertens de elevar ao límite as posibilidades percutivas do piano cando recrea melodías, reinterpretándoas e doutándoas de novos matices, Quizais a súa voz non sexa quen de se elevar aos niveis de agudos do pasado, mais a súa particular linguaxe onomatopeica segue a se revelar fondamente versátil. Arroupa melodías e establece contrapuntos. Cando o seu eco esmorece sempre queda, a maiores, o minimalismo de Dirk Descheemaeker, magnífico na contención ao saxo soprano. Ventista de contrastada elegancia puxo unha segunda voz necesaria e concreta, dando orixe a un diálogo sónico de fondas texturas. Brillou sobremaneira na defensa duns temas pouco coñecidos caracterizados por diáfanas liñas harmónicas.

Rematada esta fase, recta final, volta aos temas de “Un respiro” (excepcional “from lure to lure”) e xanela aberta a uns bises onde, agora si, se foron filtrando clásicos esixibles: “4 mains”, “and with them” ou “watch over me”, para rematar cunha obrigada revisión do inevitable “close cover”, xa coas luces do teatro prendidas e un público posto en pé, entregado e rendido.
5 milongas|bailamos un tango?

Erro de concepto [10 Feb 2006|12:58pm]
[ mood | traballador ]

3º Ciclo Sons da Diversidade.
Goran Bregovic: Karmen cun final feliz.
Auditorio de Galicia. 19 de Febreiro de 2006.





Definida polo propio Goran Bregovic como unha "ópera para pobres, dado que os pobres tamén merecen unha ópera", lastra esta obra unha fonda carencia de ritmo narrativo. Hai algo que non funciona neste espectáculo: carece de equilibrio, defórmase un guión pouco sólido e difícil de seguir.
Arranca a primeira parte coa naracción da historia de amor tráxico e fuxidío entre Karmen e Fuad, puta da Estación Central ela, famoso tompetista cigano el. E e aquí onde a liña argumental, mal sincopada, revira e confunde, facendo complicado seguir a trama sen que un se perda. Formalmente asistimos á presentación de todas e cada unha das personaxes, que aos poucos van facendo a súa aparición. Vaise construíndo a orquestra cigana do tío Fuad, vanse determinando os roles: e todo de xeito escuro, botando man dunha minimalista posta en escena máis próxima ao recitativo teatral que ao formalismo operístico. Esta é sen dúbida algunha a parte máis incómoda: longos minutos sucédense entre presentacións, irrupcións en escena e demais tramoias, namentres a música raras veces fai acto de presenza. Ópera? Teatro? Erro de concepto, se cabe.
Ata a segunda parte non contemplamos a plasmación da diáfana clarividencia sonora de Bregovic: nárrase en clave operística, agora xa si, a historia de amor entre Bakia e Kleopatra, personaxes centrais da ópera que Fuad creara en homenaxe a Karmen. Sobrecollen os intensos, extraordinarios recitativos defendidos con pulso brillante por Vaska Jankovska e Ekrem Demirovic, impecables nos seus papeis de Kleopatra e Bakia. Atronadoras, sempre o son, as composicións restantes, executada pola Banda de vodas e funerais que ven dirixindo o músico serbio dende hai anos. A destacar a incorporación ao grupo de Alen Ademovic, xoven percusionista e cantante de evidentes calidades artísticas. Teremos que seguirlle a pista. Aires balcánicos, eslavos, cíngaros… festa e comparsa ao ritmo dos metais de vento, sempre demoledores. Mágoa que, ao final, queden diluídas tantas e tan boas cancións nese maremagnum informe, caótico, metaoperístico da primeira parte.
A reacción do público? Entusiasta acollida.
6 milongas|bailamos un tango?

[12 Jan 2006|08:30pm]
Compostela Compostela agarda por min que aí vou.
Pois iso...
2 milongas|bailamos un tango?

[15 Dec 2005|10:21am]
[ mood | traballador ]

Ao longo dos últimos anos ten feito a súa aparición un novo e apaxionante xeito de concebir o tango dende perspectivas anovadoras e eclécticas. Falamos do tango fusión, do electro-tango, da experimentación tanguera. Poñede vós o nome. Os franceses do Gotan Project foron pioneiros. Tango Crash seguidores aventaxados. Na súa proposta hai algo máis que tratamentos electrónicos-vocais. Se o Gotan Project se centra no traballo da letra e da melodía Tango Crash asume un maior risco sonoro: respírase aire a boliche tanguero, mais tamén risco jazzístico no tratamento das bases e nas digresións electro-acústicas. Avalados polo inmenso Joe Zawinul fixeron a súa aparición no ano 2003 co seu interesentae "Elektro". Unha banda de emigrantes arxentinos vivindo en Suíza e mesturando jazz con milonga, electrónica con tango e actitude canalla? Iso eran Tango Crash. Chegan agora co seu segundo proxecto, "Otra Sanata". "Sanata" é un termo ampliamente usado na Arxentina que define un discurso caótico, enrevesado, nulamente claro. Estamos diante dunha auténtica declaración de principios. Discurso claro? É isto tango? Non. Bebe del, mais é algo disinto. Nótase que os líderes da banda, Daniel Almada e Nartín Iannaccone, teñen madurado como creadores e como executantes. Malia todo no seu desenrolo o disco amósase un tanto irregular: arranca con forza con ese contundente "Balbón", déixase levar pola suavidade melódica de "Ojos negros" para, despois, caer nunha sorte de minimalismo electrónico-experimental que fai pensar que estamos máis ante un exercicio de estilo estético que ante un traballo coherente. Malia todo o disco é bo: hai neste cd moito máis risco que no seu anterior proxecto. Os arranxos son moito máis acertados e a producción é moito máis pulcra e comedida. Nótase ademáis un mellor uso dos loops e efectos elctrónicos, algo que enriquece sobremaneira o discurso sonoro. Só por ese remix abrasivo de la "Milonga para Alberto" vale a pena. Intensos e recomendables.

6 milongas|bailamos un tango?

Test relativamente idiota [29 Oct 2005|11:12am]
[ mood | estúpido ]

Si, seino: debería de estar a facer cousas máis productivas, mais cando un se ve atacado pola preguiza non pode facer máis que sumarse á marea e deixarse levar. Pois iso, a ver se acertades algunhas das preguntas.


Non creo que se vaia repetir unha cousa como esta, mais ide vós saber...

11 milongas|bailamos un tango?

Fragmento 1 [24 Oct 2005|10:17am]
[ mood | activo ]

...sae á vida diurna, abre un ollo, os dous. Accede á exterioridade envolvente e percébese nulamente sereo, fuxidío. Cando contemplo esa face cinza e asfalto véxome identificado, convertido en analoxía que anula toda pretensión, calquera sorte de tesouro imaxinable, alumeante, hipotético. Comprobo no seu ollar ese desencanto non recoñecido, impropio, ese vivir inauténtico. Esta persoa convive coa mentira e dálle o mesmo, non quere matizala -todo ao final son mentiras, iso é certo-, a análise paralisa o fluir do sangue urbán. E si, por favor, o tempo ás veces tamén ten que impoñer o seu criterio. Insisto: somos un, unha, identidade, e non aturo que o meu devir biolóxico estea vencellado a este esqueleto multiforme, un ser pouco expresivo que mal padalea a linguaxe que consume -non será a pobreza lingüística quen asume esa falla de perspectivas?- Lembro unha vez na que o mármore angular da cociña extinguía xantares entre prantos e bágoas. Estivo sentado, ángulo imperfecto, mortificando as súas carnes coas montañas da súa silla de deseño italiano, namentres lembraba aquela pel, o seu sexo, corpo todo. Si, seino: nunca foi dado á contemplación intelectual. Supoño que por se ver a si mesmo esteta e compromisario do desexo, sen maiores pretensións nin trascendencia. E eu estaba aí, con el, destrozándome as mans contra os ollos, núcleos xa vermellos, aspirantes á feminidade perdida. Xa volo dixen: non afonda nas cousas, non se preocupa polo seu ser interno, a esencia temporal do mundo que nos pón fronte á propia responsabilidade. E logo para que? Dicídello a quen queirades, non padecerá moito. As voces críticas antóllanse impertinentes, non as comprende, non hermeneutiza o entorno, non quere facelo. Que se perda, que se perda, vaite. Pernas e brazos, humidade, si, perdina, perdina? Conversou na súa man un aceno, despediuse del, mobles, zapatos, uñas. Non lembro xa canto tempo permañeceu sentado, intoxicado pola anguria non asimilada. Crédeme, a autoasunción nunca foi unha das súas virtudes. Segue sen selo. Nunca me demostrou o contrario. E continúo: aquí, véndoo, sabéndome correlato do seu pensamento, bebendo un vaso de auga lenemente aromatizada. Cando poderei destrozar estas paredes? No espello, enrugas mal disimuladas, cabelo e lingua chumbo. Máis unha vez. Por certo, amenceu xa. Ven de se proxectar na cotianeidade. Pasou outro día. Aí ven...

                                                                    Martín Quenzoe; A voda clausurada

bailamos un tango?

Valoración esquemática sobre o Código da Vinci [13 Oct 2005|06:11pm]
[ mood | relativo ]

Hai dous días caiu nas miñas mans o famoso Código da Vinci. Teño que confesar que o lin. Rapidamente, ademais, en poucas horas. Conforme o ía devorando -porque non se pode facer outra cousa: ao igual que unha hamburguesa servida nun restaurante de comida rápida, a mala literatura trágase rápido- moitas impresións foron xurdindo. Todas elas negativas.

En primeiro termo, sorpréndeme comprobar como unha persoa supostamente docta pode defender nun libro visións tan maniqueas e tópicas sobre unha sociedade. Neste caso a francesa -entre as lindezas, frases tipo "é costume en Francia que as mulleres xóvenes teñan amantes de maior idade" ou "tódolos gobernantes franceses síntense infravalorados por mor da súa baixa estatura"-

Malia todo, o peor redica na súa estúpida estructura. Ultimamente tense falado moito do denominado "cine trampa", isto é, filmes que reviran as súas liñas argumentais sen ningún tipo de lóxica nin coherencia co gallo exclusivo de conseguir unha reacción sorpresa por parte do espectador. Esta obra axústase á perfección a estas pautas: as personaxes non existen, son simples caricaturas. Os diálogos carecen de densidade, limítanse ao máis básico quid pro quo argumental. A sucesión temporal, simplemente desastrosa, non é mais ca unha marcada tentativa por preñar o relato dun certo ritmo. E, para darlle maior estatuto ao libro, non deixan de ser multiplicar referencias culturais mal traídas que pretenden, penso eu, darlle un certo aire intelixente ao relato. E, por suposto, non falla ese final sorpresa previsible e prescindible.

Fálase moito da televisión de mala calidade. Do cine-lixo. A ver se dunha vez nos poñemos serios e comezamos tamén a poñer sobre a palestra crítica a mala, malísima literatura, absurda e esquecible. Ler é bo. Pero hai que ter en conta que é o que se le.

24 milongas|bailamos un tango?

navigation
[ viewing | most recent entries ]
[ go | earlier ]